We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Demo

by Malraio

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

1.
Match 05:10
Con todas as cousas que nos dixemos poderiamos alzar unha efixie de merda iconografía disfuncional Gravadas en pedra, acoiteladas contra a barra dun bar Fican estas palabras: “segue, mellorará” Con todas as cousas que nos dixemos poderiamos contar un relato antinatural E por máis que queira que saias de min logo penso, quen sabe, igual todo é así Igual todo é así Ei, eramos un match e agora que? Ei, tiñamos todas as de perder Imos montar unha relixión Pra explicar o que nos pasou Exército de escépticos e napoleóns Exército decrépito, oh
2.
Quen virá rachar a festa por nós quen fará o que non nos pide o corpo farano mellor? Quen virá romper a cara por nós quen nos guiará en campo inimigo farano mellor? Nós, cartógrafos do deserto Quen virá mexar no territorio quen defenderá o que xa non era noso farano mellor? Listos e equivocados faremos a revolución cegos e preparados pra unha derrota mellor
3.
A Redonda 04:09
Sentada tal cal na area sen deixar de mirar o que trae a marea emerxen homes cal crebas a resaca xura en Castiñeiras que desta volta vos ides lembrar Se decides ficar agora á miña beira faríamos pra nos limpar e sacar algo bo da tormenta que desta volta nada vai saír mal Ven buscarme á Redonda sálvame coma sempre ven deixar na Redonda todo o que nos sobra Se decidimos non voltar e se deixamos todo atrás
4.
Ninja 03:39
O temor ao que nos enfrontamos sae todo de nós o temor ao que nos enfrontamos é unha ficción As noticias din que non estamos asegurados que non hai blindaxe que suavice o de estar acompañados os muros por levantar o medo vertical fai escaleiras mais altas Así que ven e déixate levar coma un Ninja Un guerreiro ocasional déixate levar coma un Ninja O temor ao que nos enfrontamos sae na televisión o temor é o que nos enfronta agora sabémolo ben os dous así que pónteme perto que estamos feitos do mesmo e se me miras
5.
A Dor 05:35
Faino se te ves non o contes, ei ponme do revés faino dunha vez faime crer, si sínteme A Dor, que fai mellor Afía a miña pel conta ata tres, vértete Súa rios de mel Esclavízame Se cruel
6.
O que vedes aquí non é a mellor versión de min Con todo, vou insistir programáronme así Mellorar ou morrer Quen vos disuadirá agora pra non desbotar quen vos convencerá pra quererme máis como se fai? Mellorar ou morrer teño que seguir porque se o deixase que sería de min O que tedes aquí é unha versión beta de min Con todo, vou insistir fixéronme así podes abrazarme máis forte?
7.
Estercorario 03:14
Falas, desexas, fas máis promesas agulla, correa; éxito en vea Había descontento para capitalizar Mintes, deseñas castelos de area coa ideoloxía de oito ou oitenta Había descontento para militarizar Aburríache o de oirnos lamentar Preparabas o escenario dunha bacanal acumulas máis medo para proxectar acumulas máis sentimento visceral acumulas máis ficcións pra comunicar acumulas máis merda para asulagar
8.
Chemtrails 03:07
Fumigación cando pasan os avións E a xente non di nada Confirmación dunha nova relixión  Verdade revelada Explicación de toda esta inacción Mentes envenenadas E xa verás como agora vai mellor credos de marca branca Sintes a presión, chega a inspiración (Fai dous, fai dous) Chemtrails! Cando os avións repartían os balóns de Nivea ollar ao ceo perdida a ilusión, sen certezas cercados por a nova conspiración, que nos queda contrarestar o mal con mal detrás do bar

credits

released April 20, 2020

Demo foi gravado en febreiro de 2019 nos estudios Potemkin de Santiago de Compostela por Jacobo Iglesias e Dani Blanco. Algúns arranxos e overdubs foron regravados e producidos por Fon Botana. Chemtrails e A Dor mesturadas por Jacobo Iglesias; A Redonda por Dani Blanco; Match, Ninja, Obsolescencia, Estercorario e Cartógrafos do deserto por Fon Botana.

Malraio son Jacobo, Jaime, Manu e Roi.
© Todos os dereitos reservados

license

all rights reserved

tags

about

Malraio Santiago De Compostela, Spain

Banda compostelana de punk, digamos, crepuscular, que fan bandeira do cariño e a resistencia.

contact / help

Contact Malraio

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Malraio, you may also like: