Pr​ó​tese EP

by Malraio

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €4 EUR  or more

     

1.
Delorean 04:17
Cando me atopo mal e o corpo pídeme turismo, pasear ao animal. Por non mexericar saio a enganar ao mecanismo, equivocado e torrencial. E cando me miro mal, e non dou saído de min mesmo son pouco orixinal. Que fago? saio a enganar ao mecanismo, abracadabra temporal. Calquera tempo pasado foi anterior. Saudades dun futuro mellor. Cando me atopo mal e o corpo pídeme turismo son quen de envenenar. E saio con esta máquina do tempo disposto a atropelar. Calquera tempo pasado foi anterior. Saudades dun futuro mellor.
2.
No punto de mira do actual programador. Cazador branco de negro corazón. intelectualización do polígono. Pintas o corpo coma os chicos do barrio, aos que non tocarías nin cun pau largo. De lonxe míranse mellor. No zoo da working class, fas, exaltas outra casta. No zoo da working class, fas, fas. Intercambio de papeis, disfrázaste de clase B, e a clase B de clase A, a vida é un carnaval. Vai comezar a simulación, colocón suburbial, sen renunciar ao confort. Ponte cómodo. No zoo da working class, fas, exaltas outra casta. No zoo da working class, fas, fas. Degustas o marxinal con cubertería de prata, no zoo da working class.
3.
Prótese 03:22
Fabulación dunhas vacacións tan completas. Exhibición da túa cara na luz máis perfecta. Alargas o brazo, alargas o brazo cara a ti. Presente conxelado, espello consagrado, eres feliz. Alguén apremia, dirás que só é un momento, esquecerás todo aquelo que estabas facendo dentro. Alargas o brazo, alargas o brazo cara a ti, vaste sublimando, xeras gravidade así, así. Ligado á túa prótese.
4.
O meu corazón súa por nós, late por imitación. Metrónomo amotinado, estragado. Roxo coma nós. Monótono é o morrer lento en movemento. Latexo anómalo. O meu corazón mide mellor o espacio entre nolos dous. Dispositivo mollado, alucinado, anfetamínico. Monótono é o morrer lento en movemento. Latexo atípico.
5.
O que sexa, o que fai que te levantes, o viva antes o mítico de antes. Faime medio gram de instagram, trivial pursuit, gloria do banal. É fundamental querer aboiar e na superficie bla–bla–bla–bla–bla. O que fai que te sintas importante o viva antes a movida de antes Axencias de ego trip, colocón sen fin, mira para min–min–min–min. Para meu, xa sabemos bastante, tira cara diante. Querer malamente, hai que ter mal a mente. Querer malamente sen pagar o correspondente. Sufrimentos dosificables, lesións palpables, eleccións lamentables. Afectos que non se escollen. Centro de gravidade provisional, acostumarse fatal. Querer malamente. Acostumarse fatal, funambulistas precarios na era post–laboral. Precipitarse da igual, Yo.

about

Gravado con Tomás Ageitos no estudio A Ponte en xuño de 2017

credits

released December 4, 2017

Malraio somos Jacobo, Jaime, Manu e Roi

license

tags

about

Malraio Santiago De Compostela, Spain

Banda compostelana de punk, digamos, crepuscular, que fan bandeira do cariño e a resistencia.

contact / help

Contact Malraio

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Malraio, you may also like: